Inicio » Desconcierto Cultural: preocupación por la desaparición de la programación musical de Radio Galega Música

Desconcierto Cultural: preocupación por la desaparición de la programación musical de Radio Galega Música

by labsgrup_pablo

A través de este comunicado la Asociación Cultural Desconcierto quiere dar a conocer el desmantelamiento progresivo del único canal público de música contemporánea en Galicia.

“Dende hai uns meses, a Asociación Desconcierto Cultural ven observando con preocupación cómo está a desaparecer a programación musical da emisora Radio Galega Música, emisora pública que se escoita en toda a Comunidade Autónoma Galega e que, polo tanto, é a única capaz de chegar a unha poboación bastante dispersa.

A súa programación, na que houbo programas musicais especializados que cubrían diversos estilos e onde os músicos galegos tiñan a posibilidade de mostrar as súas creacións, foi desaparecendo progresivamente nos últimos meses ata ser practicamente inexistente e quedar limitada a un fío musical dunhas 23 horas ao día.

Sorprende máis, se cabe, tendo en conta que outras emisoras intentan desenvolver, non sen dificultades e trabas administrativas, unha programación estable deste tipo sen poder sequera pretender chegar a dar cobertura a toda a Comunidade.

Albergue de Peregrinos en Santiago y Sarria

Como Asociación Cultural, Desconcierto Cultural ten entre os seus fins, recollidos nos seus estatutos, os seguintes:

1.- O desenvolvemento e promoción de actividades enfocadas á difusión cultural na comunidade galega, enfocándose principalmente en propostas emerxentes, novas tendencias, novos artistas ou os máis afastados das canles de promoción habituais e que presenten certo nivel de risco nas súas propostas.

2. – O desenvolvemento e promoción de actividades e plataformas dedicadas á difusión cultural galega tanto en Galicia coma máis alá das fronteiras da nosa comunidade.

3. – O apoio á profesionalización e promoción de novos grupos galegos”.

Polo tanto, de acordo cos nosos principios fundacionais, defendemos unha emisora que apoie aos creadores e aos profesionais galegos. Entendemos que, como radio pública con licenza para dita tarefa, a segunda canle da Radio Galega debería ser a plataforma natural dos músicos e profesionais de Galicia. De seguiren así, ao sector (músicos, promotores, salas de concertos, estudios…) se lles causará un prexuízo irreparable por parte da que debería ser a súa principal voz radiofónica. Polo tanto é a nosa obriga dar a coñecer, a través dos medios de comunicación, esta situación que parece ser está a pasar desapercibida probablemente por descoñecemento.”

También te puede interesar

slot bet 400

https://www.waterwalkdenvertech.com/

http://turkos.com.tr/wp-content/sbobet88/

https://www.theelementrama9.com/sbobet88/

https://distrisuper.info/sbobet88/

joker gaming

https://www.nguyent.lccmedialab.com/slot88.html

Joker123

slot garansi kekalahan

https://www.downtowngrillandpizza.com/

https://www.barclubhq.com/

pt777

pragmatic play

https://restaurantsurlelac.com/

https://slotgacor.uk.com/

slot gacor terbaru

slot toto

spaceman88

starlight princess

Somos un DMC (Destination Management Company) en Santiago de Compostela que está prestando servicios desde el año 1992. Nos especializamos en actividades y servicios en el Camino de Santiago, España Verde y Ciudades Patrimonio.

Are you sure want to unlock this post?
Unlock left : 0
Are you sure want to cancel subscription?
-
00:00
00:00
Update Required Flash plugin
-
00:00
00:00