Inicio » Los albergues privados gallegos reclaman ayudas a la Xunta de Galicia

Los albergues privados gallegos reclaman ayudas a la Xunta de Galicia

by labsgrup_pablo

logo

En Galicia existen 72 albergues públicos, pero hai xa máis de 300 albergues turísticos privados, 90 deles están hoxe asociados a Agalber, que está sumando novos socios cada día, para buscar xuntos a maneira de sobrevivir a esta crise e conseguir que se escoiten as reivindicacións duns establecementos cun peso específico importante no sector, e fundamental no Camiño de Santiago. Somos un colectivo que da traballo directamente a máis de 1200 persoas, gran parte delas en zonas rurais onde somos o motor da poboación e contribuimos a fixar poboación e ó retorno de xente nova ó rural. Só nos albergues privados o pasado ano rexistraronse máis de 1.500.000 pernoctacións en Galicia. Somos unha rede de establecementos con servicios e instalación de gran calidade que ofrecen máis de 13000 plazas, o 75% das disponibles en todos os camiños, e que facturaron en 2019 máis de 22 millóns de euros, xerando miles de empregos indirectos en empresas de servicios e proveedores en toda Galicia. O Camiño de Santiago en Galicia é por suposto o soporte principal da maioría dos albergues, de media máis do 90% dos nosos clientes son peregrinos, e máis do 65% deles son extranxeiros. Por esto, mentras non haxa libre circulación de turismo internacional a maior parte dos nosos establecementos serán económicamente inviables. A característica principal dos nosos establecementos é que están pensados para compartir, todos os nosos espacios son comúns, por iso son os establecementos preferidos do turismo de xuventude e principalmente dos peregrinos, porque neles completan a experiencia do camiño compartindo, axudandose entre eles, cociñando xuntos, facendo vida en común con xente de todas as nacionalidades, culturas, e clases sociais, en definitiva socializando e contribuíndo a que o camiño sexa algo único e distinto que cada ano atrae a máis visitantes o noso país. Esta característica que nos define nesta crise é tamén o gran problema dos nosos establecementos. Entendemos que as medidas de distanciamento social son imprescindibles para evitar o colapso da sanidade e salvar moitas vidas, e por suposto os albergues que vaian abrir están dispostos a tomar todas as medidas de prevención e desinfección que sexan necesarias, para garantir a seguridade dos nosos traballadores e dos peregrinos e turistas que aloxemos. Pero esta adaptación as normativas de prevención e distanciamento social, terá uns custos que moi poucos poderán asumir. Cun prezo por cama moi reducido, uns aforos máximos inferiores ó 50%, e unas previsións de chegada de peregrinos moi baixas, a viabilidade económica dos albergues para os próximos meses será moito máis difícil ca de calquera outro establecemento de aloxamento. Moitos dos hospitaleiros, traballadores, propietarios e familiares son persoas de alto risco frente o Covid, que en moitos casos non se plantexan nin sequera abrir porque non se ven capaces de reducir suficientemente os riscos, e temen non ser capaces de sobrevivir sen axudas económicas ata que o turismo e o camiño se recuperen. No sector preocupa tamén que, cando chegue a vacuna ou tratamento que agardamos que nos permita ter un Xacobeo 2021 con peregrinos de todo o mundo, que non se atopen cun camiño sen albergues de calidade, sen suficientes plazas de aloxamento e sen os establecementos preferidos pola gran maioría deles. Por esto pedimos a Xunta que ademáis dos 7 Millóns de euros que se anuncia que se van invertir nos 70 albergues públicos, (unha media de 100.000€ por albergue), que apoie tamén os albergues privados con medidas económicas e apoio institucional coma por exemplo:

1.- Creación dun distintivo avalado pola consellería de Turismo, similar o Clean and Safe de Portugal, que sexa gratuito e que distinga ós establecementos que implementen os plans de continxencia e as recomendacións publicadas no manual de Albergues, para axudalos a transmitir a imaxe de seguridade que agora é imprescindible. Os pequenos establecementos neste momento non poden permitirse os altos custes que teñen os selos promovidos polas empresas certificadoras.

2.- Prestación por cese de actividade mentras non exista unha vacuna ou tratamento para o SARS-Cov-2 para os propietarios de aqueles establecementos que o soliciten por ser persoas de alto risco (xente maior, con patoloxías de alto risco, etc) ou con persoas dependentes de risco a cargo, que non poderán volver a actividade sen poñer en alto risco as súas vidas.

Albergue de Peregrinos en Santiago y Sarria

3.- Novas liñas de financiación do IGAPE avaladas pola Xunta sen intermediación de sociedades de garantía recíproca.

4. Plan de actuación en caso de que exista un positivo nalgún establecemento, con axudas económicas para a desinección do mesmo, para o propietario durante o tempo que deba permanecer en cuarentena e tamén para os traballadores. 5. Subvencións a fondo perdido para adaptación ás novas normativas de hixiene e prevención de riscos ante o Covid-19, para a elaboración dos plans de continxencia co asesoramento de profesionais, e para a contratación de servicios e compra de equipos de hixienización e desinfección específica para Covid-19.

5. Axudas para dixitalizar os sistemas de check-in nos albergues, que eviten o contacto cos documentos dos viaxeiros, e se faga de maneira áxil sen colas e aglomeracións na recepción dos establecementos. Tamén para a creación dunha App especializada para os albergues privados que permita os peregrinos e outros clientes reservar con antelación e evitar a concentración da chegada en horas punta entre outras funcións.

6. Cursos interactivos de formación en limpeza, desinfección e prevención de contaxios por Covid-19, formación profesional en linguas extranxeiras para hostelería, de marketing e promoción online, de uso das redes sociais de empresa, de uso de ferramentas informáticas de xestión de hostelería, de calidade e excelencia no servicio o cliente, etc.

7. Campañas de promoción con posta en valor da calidade e o valor añadido que aportan os albergues á experiencia do Camiño. Apoio económico os albergues para ter unha representación acorde a súa importancia nas feiras de turismo, especialmente nas adicadas o Camiño. Ata agora a axuda anunciada por parte da Xunta consistiu no envío dunha cantidade indefinida de mascarillas e gel hidroalcohólico, e unha serie de Webinars xenéricos para todos os establecementos. Os albergues privados son os establecementos con máis dificultades do sector turístico para sair desta crise, e para conseguilo pedimos que se tomen medidas efectivas e con dotación económica o antes posible.

Por un camino de Santiago seguro …

Agalber Asociación de albergues privados de Galicia 

También te puede interesar

slot bet 400

https://www.waterwalkdenvertech.com/

http://turkos.com.tr/wp-content/sbobet88/

https://www.theelementrama9.com/sbobet88/

https://distrisuper.info/sbobet88/

joker gaming

https://www.nguyent.lccmedialab.com/slot88.html

Joker123

slot garansi kekalahan

https://www.downtowngrillandpizza.com/

https://www.barclubhq.com/

pt777

pragmatic play

https://restaurantsurlelac.com/

https://slotgacor.uk.com/

https://www.ghanahostels.org/

slot toto

spaceman88

starlight princess

Somos un DMC (Destination Management Company) en Santiago de Compostela que está prestando servicios desde el año 1992. Nos especializamos en actividades y servicios en el Camino de Santiago, España Verde y Ciudades Patrimonio.

Are you sure want to unlock this post?
Unlock left : 0
Are you sure want to cancel subscription?
-
00:00
00:00
Update Required Flash plugin
-
00:00
00:00